Aprobados en Asemblea Xeral o plan de actividades e os orzamentos do CoFiGa para o exercicio 2020

Presentáronse os cambios a estrutura do CoFiGa coa creación das Oficinas de Formación, de Secretaría, de Funcionamento Interno, de Igualdade e de Orientación Profesional, cuxas competencias e proxectos foron expostos polos seus correspondentes responsables

16 Dic 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

A Asemblea Xeral do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebrada o pasado sábado 14 de decembro aprobou todos os puntos da orde do día, entre os que destacan o plan de actividades e o orzamento económico para o exercicio 2020.

Celebrada na sede do CoFiGa e tras a aprobación da acta da anterior Asemblea Xeral, o presidente do CoFiGa expuxo no seu informe as actuacións realizadas pola nova Xunta de Goberno desde a súa toma de posesión, que tivo lugar o pasado 16 de agosto, referíndose en primeiro lugar ao éxito de asistencia e de estándares científicos alcanzado coa celebración en Santiago do XVI Congreso Nacional AEF.

A nivel autonómico, Gustavo Paseiro destacou o compromiso da Consellería de Política Social de convocar no ano 2020 un novo concurso-oposición para cubrir outras 10 prazas de fisioterapeutas para a área social, así como a activa participación na Comisión Técnica que está a revisar o modelo de Atención Primaria en Galicia, onde o posicionamento do colectivo de fisioterapeutas baséase en lograr a derivación directa e o cribaxe de Fisioterapia, potenciar a participación dos seus profesionais en materia de prevención e implantar e estender a actuación da Fisioterapia Comunitaria a todos os ámbitos socio-asistenciais.

Tras detallar as reunións mantidas con representantes das Administracións autonómicas e locais, sindicatos, sociedades de Fisioterapia e outros colexios profesionais, o presidente do CoFiGa anunciou o acordo logrado coa Sociedade Española de Fisioterapia e Dor (SEFID) para a celebración en Galicia do seu Congreso Internacional correspondente ao ano 2022.

Gustavo Paseiro tamén presentou o organigrama da súa Xunta de Goberno e os cambios introducidos na estrutura do CoFiGa coa creación das Oficinas de Formación, de Secretaría, de Funcionamento Interno, de Igualdade e de Orientación Profesional, cuxas competencias e proxectos foron expostos polos seus correspondentes responsables.

Oficina de Formación

O tesoureiro do CoFiGa, Manuel Martínez Suárez, expuxo o funcionamento da Oficina de Formación, coa posta en marcha dos seguintes Programas:

- Máis: de financiamento na formación continuada de colexiadas e colexiados.

- Sentidiño: coa creación do selo de calidade CoFiGa e con convenios con empresas galegas de formación que permita racionalizar a oferta de cursos.

- Petisco: coa creación de grupos de traballo e comisións que faciliten o coñecemento compartido.

- De balde: para establecer condicións económicas que permitan o acceso á formación de todo o colectivo.

- Colexio en Rede: unha plataforma de coñecemento no que se incrementa o acceso do colectivo a publicacións científicas.

Manuel Martínez tamén presentou o programa de formación continuada para o ano 2020, integrado ata o momento por un total de 22 cursos, cifra susceptible de incrementarse ao longo do exercicio.

Oficina de Secretaría

Interveu a continuación o vicesecretario do CoFiGa, Pablo Pérez Mariño, quen detallou o funcionamento da Oficina de Secretaría, con cambios xa realizados no organigrama da delegación de Vigo, na reestruturación e creación de novos formularios (baixas, desemprego, colexiados/as honorarios/as e non  exercentes) e coa actualización da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD). Pérez Mariño tamén se referiu aos cambios que paulatinamente se irán instaurando no funcionamento da web CoFiGa, con novas ferramentas e utilidades e reforzando e ampliando tanto a “ventanilla única” como o portal de transparencia.

Oficina de Funcionamento Interno

A vicepresidenta 2ª do CoFiGa, Coral Pérez Valiño, foi a encargada a continuación de expoñer as características da Oficina de Funcionamento Interno, cuxo principal obxectivo é sentar as bases para conseguir a implantación das Especialidades en Fisioterapia. Para iso, establécense un total de 25 Comisións específicas, que estarán englobadas en 7 áreas de coñecemento.

Oficina de Igualdade

Pola súa banda, a vogal responsable da Oficina de Igualdade, Fátima Fontenla Souto, expuxo as liñas estratéxicas marcadas desde o CoFiGa no seu compromiso de defensa e promoción dunha participación igualitaria das e dos fisioterapeutas en todos os ámbitos profesionais e na toma conxunta de decisións que afecten ao colectivo.

Fátima Fontenla tamén presentou a adaptación do Código Deontolóxico do CoFiGa a unha linguaxe inclusiva e igualitaria, realizada co obxectivo de incluír unha perspectiva de xénero e principios de igualdade e equidade entre os valores e condutas que guían ás e os fisioterapeutas no seu quefacer diario, axudando con iso ao colectivo a eliminar todo tipo de discriminación e a situar a todas e todos os seus profesionais en igualdade, coas mesmas oportunidades de desenvolvemento e recoñecemento profesional. Esta adaptación a unha linguaxe inclusiva e igualitaria tamén se  extrapolará proximamente aos Estatutos Colexiais.

Tamén informou Fátima Fontenla da recente reunión mantida coa secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, na que sentaron as bases dun próximo convenio de colaboración en materia de detección da violencia de xénero e prevención do acoso sexual no ámbito laboral.

Oficina de Orientación Profesional

Baixo a coordinación do vicepresidente 3º da Xunta de Goberno, Miguel  Soro López (ausente na Asemblea por estar a representar ao CoFiGa na Xunta Directiva Nacional da Asociación Española de Fisioterapeutas-AEF), a Oficina de Orientación Profesional desenvolverá os seguintes Programas:

- Bricamos: servizo integral de orientación e asesoría profesional en materia laboral destinado a aqueles/as fisioterapeutas noveis que pretenden emprender coa creación dun Gabinete de Fisioterapia. Para o seu desenvolvemento créase unha Vogalía específica dedicada ao/á fisioterapeuta novel e a emprendedores/as noveis, a cargo de Mª Lourdes Vila Rodríguez.

- Procura Activa de Emprego.

- Xuntos/as: de mentorazgo empresarial, clínico e científico.

Orzamentos para o exercicio 2020

Tomou a continuación a palabra a  vicetesorera da Xunta de Goberno, María del Carmen Rodríguez Rodríguez, presentando os orzamentos do CoFiGa para o exercicio 2020, que foron aprobados pola Asemblea Xeral.

Desagregando algúns das principais variacións expostas nos diferentes capítulos dos orzamentos 2020, o presidente do CoFiGa referiuse ao proxecto de ampliar a delegación de Vigo, destacando que o importe destinado ao pago da hipoteca da Sede (que finaliza a finais do 2020) poderase destinar á adquisición en propiedade dun local para situar a Delegación de Vigo.

Tamén destacou o presidente do CoFiGa á mellora nas condicións do Seguro de Responsabilidade Civil agora contratado coa Agrupación Mutual Aseguradora (AMA Seguros), especializada neste tipo de cobertura ente profesionais sanitarios.

Destacar finalmente a satisfacción manifestada polos asistentes á Asemblea Xeral pola elección de Gustavo Paseiro como presidente do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE).

Aprobados en Asamblea General el plan de actividades y los presupuestos del CoFiGa para el ejercicio 2020

Se presentaron los cambios la estructura del CoFiGa con la creación de las Oficinas de Formación, de Secretaría, de Funcionamiento Interno, de Igualdad y de Orientación Profesional, cuyas competencias y proyectos fueron expuestos por sus correspondientes responsables

La Asamblea General del Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebrada el pasado sábado 14 de diciembre aprobó todos los puntos del orden del día, entre los que destacan el plan de actividades y el presupuesto económico para el ejercicio 2020.

Celebrada en la sede del CoFiGa y tras la aprobación del acta de la anterior Asamblea General, el presidente del CoFiGa expuso en su informe las actuaciones realizadas por la nueva Junta de Gobierno desde su toma de posesión, que tuvo lugar el pasado 16 de agosto, refiriéndose en primer lugar al éxito de asistencia y de estándares científicos alcanzado con la celebración en Santiago del XVI Congreso Nacional AEF.

A nivel autonómico, Gustavo Paseiro destacó el compromiso de la Consellería de Política Social de convocar en el año 2020 un nuevo concurso-oposición para cubrir otras 10 plazas de fisioterapeutas para el área social, así como la activa participación en la Comisión Técnica que está revistando el modelo de Atención Primaria en Galicia, donde el posicionamiento del colectivo de fisioterapeutas se basa en lograr la derivación directa y el cribaje de Fisioterapia, potenciar la participación de sus profesionales en materia de prevención e implantar y extender la actuación de la Fisioterapia Comunitaria a todos los ámbitos socio-asistenciales.

Tras detallar las reuniones mantenidas con representantes de las Administraciones autonómicas y locales, sindicatos, sociedades de Fisioterapia y otros colegios profesionales, el presidente del CoFiGa anunció el acuerdo logrado con la Sociedad Española de Fisioterapia y Dolor (SEFID) para la celebración en Galicia de su Congreso Internacional correspondiente al año 2022.

Gustavo Paseiro también presentó el organigrama de su Junta de Gobierno y los cambios introducidos en la estructura del CoFiGa con la creación de las Oficinas de Formación, de Secretaría, de Funcionamiento Interno y de Igualdad, cuyas competencias y proyectos fueron expuestos por sus correspondientes responsables.

Oficina de Formación

El tesorero del CoFiGa, Manuel Martínez Suárez, expuso el funcionamiento de la Oficina de Formación, con la puesta en marcha de los siguientes Programas:

- “Máis”: de financiación en la formación continuada de colegiadas y colegiados.

- “Sentidiño”: con la creación de un sello de calidad CoFiGa y con convenios con empresas gallegas de formación que permita racionalizar la oferta de cursos.

- “Petisco”: con la creación de grupos de trabajo y comisiones que faciliten el conocimiento compartido.

- “De Balde”: para establecer condiciones económicas que permitan el acceso a la formación de todo el colectivo.

- “Colexio en Rede”: una plataforma de conocimiento en el que se incrementa el acceso del colectivo a publicaciones científicas.

Manuel Martínez también presentó el programa de formación continuada para el año 2020, integrado hasta el momento por un total de 22 cursos, cifra susceptible de incrementarse a lo largo del ejercicio.

Oficina de Secretaría

Intervino a continuación el vicesecretario del CoFiGa, Pablo Pérez Mariño, quien detalló el funcionamiento de la Oficina de Secretaría, con cambios ya realizados en el organigrama de la delegación de Vigo, en la reestructuración y creación de nuevos formularios (bajas, desempleo, colegiados/as honorarios/as y no ejercientes) y con la actualización de la Ley Orgánica de Protección de Datos (LOPD). Pérez Mariño también se refirió a los cambios que paulatinamente se irán instaurando en el funcionamiento de la web CoFiGa, con nuevas herramientas y utilidades y reforzando y ampliando tanto la ventanilla única como el portal de transparencia.

Oficina de Funcionamiento Interno

La vicepresidenta 2ª del CoFiGa, Coral Pérez Valiño, fue la encargada a continuación de exponer las características de la Oficina de Funcionamiento Interno, cuyo principal objetivo es sentar las bases para conseguir la implantación de las Especialidades en Fisioterapia. Para ello, se establecen un total de 25 Comisiones específicas, que estarán englobadas en 7 áreas de conocimiento.

Oficina de Igualdad

Por su parte, la vocal responsable de la Oficina de Igualdad, Fátima Fontenla Souto, expuso las líneas estratégicas marcadas desde el CoFiGa en su compromiso de defensa y promoción de una participación igualitaria de las y los fisioterapeutas en todos los ámbitos profesionales y en la toma conjunta de decisiones que afecten al colectivo.

Fátima Fontenla también presentó la adaptación del Código Deontológico del CoFiGa a un lenguaje inclusivo e igualitario, realizada con el objetivo de incluir una perspectiva de género y principios de igualdad y equidad entre los valores y conductas que guían a las y los fisioterapeutas en su quehacer diario, ayudando con ello al colectivo a eliminar todo tipo de discriminación y a situar a todas y todos sus profesionales en igualdad, con las mismas oportunidades de desarrollo y reconocimiento profesional. Esta adaptación a un lenguaje inclusivo e igualitario también se extrapolará próximamente a los Estatutos Colegiales.

También informó Fátima Fontenla de la reunión mantenida con la secretaria xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia, en la que se sentaron las bases de un próximo convenio de colaboración en materia de detección de la violencia de género y prevención del acoso sexual en el ámbito laboral.

Oficina de Orientación Profesional

Bajo la coordinación del vicepresidente 3º de la Junta de Gobierno, Miguel Soro López (ausente en la Asamblea por estar representando al CoFiGa en la Junta Directiva Nacional de la Asociación Española de Fisioterapeutas-AEF), la Oficina de Orientación Profesional desarrollará los siguientes Programas:

- “Bricamos”: servicio integral de orientación y asesoría profesional en materia laboral destinado a aquellos/as fisioterapeutas noveles que pretenden emprender con la creación de un Gabinete de Fisioterapia. Para su desarrollo se crea una Vocalía específica dedicada al/ a la fisioterapeuta novel y a emprendedores/as noveles, a cargo de Mª Lourdes Vila Rodríguez.

- Búsqueda Activa de Empleo.

- “Xuntos/as”: de mentorazgo empresarial, clínico y científico.

Presupuestos para el ejercicio 2020

Tomó a continuación la palabra la vicetesorera de la Junta de Gobierno, María del Carmen Rodríguez Rodríguez, presentando los presupuestos del CoFiGa para el ejercicio 2020, que fueron aprobados por la Asamblea General.

Desglosando algunos de las principales variaciones expuestas en los diferentes capítulos de los presupuestos 2020, el presidente del CoFiGa se refirió al proyecto de ampliar la Delegación de Vigo, destacando que el importe destinado al pago de la hipoteca de la Sede (que finaliza a finales del 2020) se podrá destinar a la adquisición en propiedad de un local para ubicar la Delegación de Vigo.

También destacó el presidente del CoFiGa a la mejora en las condiciones del Seguro de Responsabilidad Civil ahora contratado con la Agrupación Mutual Aseguradora (AMA Seguros), especializada en este tipo de cobertura ente profesionales sanitarios.

Destacar finalmente la satisfacción manifestada por los asistentes a la Asamblea General por la elección de Gustavo Paseiro como presidente del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE). 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas