Adhesión do CoFiGa ao #25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Lembra que a súa Asesoría Xurídica está ao servizo das compañeiras fisioterapeutas que necesiten denunciar situacións de acoso, discriminación ou trato vexatorio no desenvolvemento do seu labor profesional

23 Nov 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Reiterando o seu compromiso para conseguir a erradicación de todas e cada unha das formas de violencia de xénero existentes e o seu frontal rexeitamento ante calquera acto que atente contra a integridade e dignidade da muller, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) adhírese á conmemoración do #25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A violencia de xénero constitúe a maior vulneración de dereitos e liberdades básicas, está en contra dos principios de igualdade, seguridade, liberdade, integridade e dignidade que son inherentes a todos os seres humanos; ten consecuencias demoledoras para a sociedade e está tan arraigada a ela que xa é unha feito estrutural, polo que a súa eliminación ha de ser unha tarefa común, apoiando e impulsando desde todos os ámbitos todo tipo de medidas que promovan a eliminación desta lacra social.

Por iso e tendo en conta que se trata dun colectivo eminentemente feminino, o CoFiGa ten adoptado un papel activo para erradicar a violencia que se exerce contra as mulleres, fomentando medidas para apoiar ás vítimas, como poñer a súa Asesoría Xurídica ao servizo das compañeiras fisioterapeutas que necesiten denunciar situacións de acoso, discriminación ou trato vexatorio no desenvolvemento do seu labor profesional.

Nesta liña, o CoFiGa tamén está a tramitar a introdución dunha perspectiva de xénero no seu Código Deontolóxico Profesional, un instrumento ético con preceptos de obrigado cumprimento para todos as e os fisioterapeutas en exercicio na nosa comunidade autónoma, sentando con iso as bases para eliminar no colectivo todo tipo de discriminación, para situar aos seus profesionais en igualdade, coas mesmas oportunidades de desenvolvemento e recoñecemento profesional, e propiciando a adopción de principios de igualdade e equidade.

Trátase dun compromiso social que o CoFiGa mantén e reitera co obxectivo de defender unha sociedade xusta e igualitaria, na que mulleres e homes podamos participar equilibradamente en todos os ámbitos e tomar conxuntamente as decisións que nos afecten.

Adhesión del CoFiGa al #25N, Día Internacional contra la Violencia de Género

Recuerda que su Asesoría Jurídica está al servicio de las compañeras fisioterapeutas que necesiten denunciar situaciones de acoso, discriminación o trato vejatorio en el desarrollo de su labor profesional

Reiterando su compromiso para conseguir la erradicación de todas y cada una de las formas de violencia de género existentes y su frontal rechazo ante cualquier acto que atente contra la integridad y dignidad de la mujer, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) se adhiere a la conmemoración del #25N, Día Internacional contra la Violencia de Género.

La violencia de género constituye la mayor vulneración de derechos y libertades básicas, está en contra de los principios de igualdad, seguridad, libertad, integridad y dignidad que son inherentes a todos los seres humanos; tiene consecuencias demoledoras para la sociedad y está tan arraigada a ella que ya es un hecho estructural, por lo que su eliminación ha de ser una tarea común, apoyando e impulsando desde todos los ámbitos todo tipo de medidas que promuevan la eliminación de esta lacra social.

Por ello y teniendo en cuenta que se trata de un colectivo eminentemente femenino, el CoFiGa ha adoptado un papel activo para erradicar la violencia que se ejerce contra las mujeres, fomentando medidas para apoyar a las víctimas, como poner su Asesoría Jurídica al servicio de las compañeras fisioterapeutas que necesiten denunciar situaciones de acoso, discriminación o trato vejatorio en el desarrollo de su labor profesional.

En esta línea, el CoFiGa también está tramitando la introducción de una perspectiva de género en su Código Deontológico Profesional, un instrumento ético con preceptos de obligado cumplimiento para todos las y los fisioterapeutas en ejercicio en nuestra comunidad autónoma, sentando con ello las bases para eliminar en el colectivo todo tipo de discriminación, para situar a sus profesionales en igualdad, con las mismas oportunidades de desarrollo y reconocimiento profesional, y propiciando la adopción de principios de igualdad y equidad.

Se trata de un compromiso social que el CoFiGa mantiene y reitera con el objetivo de defender una sociedad justa e igualitaria, en la que mujeres y hombres podamos participar equilibradamente en todos los ámbitos y tomar conjuntamente las decisiones que nos afecten
La Fisioterapia te da el aire que necesitas