Fisioterapia para atender axs participantes no XVIII Concurso de Patrullas militares Tui-Santiago

Da man do Alumnado das Facultades de Fisioterapia da Coruña e Pontevedra, que instalarán dispositivos de atención na base militar de Figueirido e á súa chegada á capital de Galicia

28 Oct 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Alumnado das Facultades de Fisioterapia da Coruña e Pontevedra atenderán axs participantes no XVIII Concurso de Patrullas militares Tui-Santiago, competición militar que está considerada como unha das máis duras de España e que se desenvolverá entre os días 28 e 31 de outubro entre as localidades de Tui e Santiago de Compostela.

O Alumnado da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra (Universidade de Vigo) atenderá aos e as militares participantes na base militar de Figueirido, sede da Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) Galicia VII que organiza a competición.

Pola súa banda, o alumnado da Facultade de Fisioterapia da Coruña (UDC) fará o propio nunha carpa instalada para o efecto ao finalizar a competición, na madrugada do 30 de outubro, á súa chegada á capital de Galicia.

O XVIII Concurso de Patrullas militares Tui-Santiago é unha marcha rápida sobre unha distancia dos 120 quilómetros que separan as dúas localidades, na que os participantes poñen a proba a súa habilidade e resistencia, ademais da súa cohesión como grupo. A través dun sistema de puntuación, que ten en conta a execución das sete probas intermedias de carácter militar coas que conta o percorrido (paso de pista de obstáculos, rápel, percorrido topográfico, percorrido cronometrado, paso a nado de río arrastrando o equipo, tiro e lanzamento de granadas), defínese ao gañador dunha competición na que participan diferentes unidades do Exército de Terra, Armada e Exército do Aire.

O 31 de outubro, ás 09.30, horas terá lugar na Praza do Obradoiro unha breve parada militar, onde se procederá á entrega de premios.

Fisioterapia para atender a lxs participantes en el XVIII Concurso de Patrullas militares Tui-Santiago

De la mano del Alumnado de las Facultades de Fisioterapia de A Coruña y Pontevedra, que instalarán dispositivos de atención en la base militar de Figueirido y a su llegada a la capital de Galicia

Alumnado de las Facultades de Fisioterapia de A Coruña y Pontevedra atenderán a lxs participantes en el XVIII Concurso de Patrullas militares Tui-Santiago, competición militar que está considerada como una de las más duras de España y que se desarrollará entre los días 28 y 31 de octubre entre las localidades de Tui y Santiago de Compostela.

El Alumnado de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra (Universidad de Vigo) atenderá a los y las militares participantes en la base militar de Figueirido, sede de la Brigada de Infantería Ligera (Brilat) Galicia VII que organiza la competición.

Por su parte, el alumnado de la Facultad de Fisioterapia de A Coruña (UDC) hará lo propio en una carpa instalada al efecto al finalizar la competición, en la madrugada del 30 de octubre, a su llegada a la capital de Galicia.

El XVIII Concurso de Patrullas militares Tui-Santiago es una marcha rápida sobre una distancia de los 120 kilómetros que separan las dos localidades, en la que los participantes ponen a prueba su habilidad y resistencia, además de su cohesión como grupo. A través de un sistema de puntuación, que tiene en cuenta la ejecución de las siete pruebas intermedias de carácter militar con las que cuenta el recorrido (paso de pista de obstáculos, rapel, recorrido topográfico, recorrido cronometrado, paso a nado de río arrastrando el equipo, tiro y lanzamiento de granadas), se define al ganador de una competición en la que participan diferentes unidades del Ejército de Tierra, Armada y Ejército del Aire.

El 31 de octubre, a las 09.30, horas tendrá lugar en la Plaza del Obradoiro una breve parada militar, donde se procederá a la entrega de premios. 

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres