O DOG publica a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías do persoal estatutario do Sergas

A categoría de fisioterapeuta é a que xerou maior número de solicitudes, cun total de 1.265 inscricións no proceso

26 Jun 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 25 de xuño publica o anuncio polo que se dá publicidade á relación de persoas admitidas e excluídas, así como aos resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías do persoal estatutario, entre elas a de fisioterapeuta.

Destacar neste sentido que a categoría de fisioterapeuta é a que xerou que maior número de solicitudes, cun total de 1.265 inscricións no proceso.

Estas listaxes están ao dispor das persoas interesadas na páxina web do Sergas (www.sergas.es), no apartado “Emprego Público-Listaxes de Contratación de Persoal Estatutario”.

Ademais, os aspirantes poden consultar o seu expediente electrónico persoal na sección de procesos Fides, no seu Expedient-e.

Prazo para a presentación de alegacións, reclamacións e corrección de erros

As persoas aspirantes excluídas e as que estean en desacordo cos resultados provisionais de baremación terán un prazo de dez días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da Resolución no DOG, para corrixir o defecto que motivou a súa exclusión ou baremación errónea. Para iso, deberán enviar un escrito á Unidade de Validación á que dirixiu a instancia de participación, que deberán presentar nun Rexistro Administrativo ou a través de calquera dos procedementos sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sobre o procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Dispoñerán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, presentando debidamente a súa solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

El DOG publica el listado provisional de personas admitidas y excluidas y los resultados provisionales de baremación del proceso de actualización de las listas de selección temporal de diversas categorías del personal estatutario del Sergas

La categoría de fisioterapeuta es al que generó mayor número de solicitudes, con un total de 1.265 inscripciones en el proceso

El Diario Oficial de Galicia (DOG) del 25 de junio publica el anuncio por el que se da publicidad a la relación de personas admitidas y excluidas, así como a los resultados provisionales de baremación en el proceso de actualización de las listas de selección temporal de diversas categorías del personal estatutario, entre ellas la de fisioterapeuta.

Destacar en este sentido que la categoría de fisioterapeuta es la generó que mayor número de solicitudes, con un total de 1.265 inscripciones en el proceso.

Estos listados están a disposición de las personas interesadas en la página web del Sergas (www.sergas.es), en el apartado “Emprego Público-Listaxes de Contratación de Persoal Estatutario”.

Además, los aspirantes pueden consultar su expediente electrónico personal  en la sección de procesos Fides, en su Expedient-e.

Plazo para la presentación de alegaciones y corrección de errores

Las personas aspirantes excluidas y las que estén en desacuerdo con los resultados provisionales de baremación tendrán un plazo de diez días hábiles, contando a partir del día siguiente a la publicación de la Resolución en el DOG, para corregir el defecto que motivó su exclusión o baremación errónea. Para ello, deberán enviar un escrito a la Unidade de Validación a la que dirigió la instancia de participación, que deberán presentar en un Registro Administrativo o a través de cualquiera de los procedimientos señalados en el artículo 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, sobre el procedimiento administrativo común de las Administraciones Públicas.

 

Dispondrán del mismo plazo de reclamación las personas que, habiendo presentado debidamente su solicitud de participación en el proceso, no consten como admitidas ni excluidas en la relación publicada.

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres