A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) presenta unha guía con información sobre como actuar cando un familiar ingresa no hospital afectado por DCA

Nun acto organizado coa colaboración coa Xerencia de Xestión Integrada de Santiago que se celebrará o vindeiro martes 14 de maio no Salón de Actos do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)

08 May 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

“Cousas que debes saber sobre o Dano Cerebral Adquirido cando o teu familiar está no hospital” é o título da guía que a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) presentará o vindeiro martes 14 de maio, ás 13:30 horas, no Salón de Actos do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), nun acto organizado en colaboración coa Xerencia de Xestión integrada de Santiago e ao que convidan os fisioterapeutas galegos.

A guía foi elaborada por profesionais integrados nas cinco asociacións pertencentes á Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e ten por obxectivo facilitar información as familias das persoas afectadas por DCA, ofrecendo contidos relacionados coa definición desta discapacidade e a súa abordaxe cando chega á vida das persoas e as súas familias, así como cales son os recursos de atención socio-sanitaria máis próximos.

O acto desenvolverase ao redor dunha mesa redonda na que intervirán profesionais de varias áreas sanitarias de Galicia, unha presentación que correrá a cargo dos membros do grupo de traballo que elaborou a guía, así como a intervención dunha persoa afectada por DCA que narrará en primeira persoa as necesidades detectadas no seu proceso.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) ten como principal misión contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por DCA e as súas familias, implementando para iso programas asistenciais de rehabilitación con carácter multidisciplinar, ademais de ofrecer información e axuda ás familias a través de promover medidas como promover a investigación epidemiolóxica e sociolóxica, xerar e divulgar coñecemento científico no campo do DCA, indicir nas decisións políticas e sensibilizar e informar á sociedade en xeral sobre todos os aspectos que rodean a esta discapacidade.

Os interesados en acudir ao acto poden confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico fegadace@fegadace.org ou dos teléfonos 881 943 148 / 659 177 709.

La Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) presenta una guía con información sobre cómo actuar cuando un familiar ingresa en el hospital afectado por DCA

En un acto organizado con la colaboración con la Gerencia de Gestión Integrada de Santiago que se celebrará el próximo martes 14 de mayo en el Salón de Actos del Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)

 “Cosas que debes saber sobre el Daño Cerebral Adquirido cuando tu familiar está en el hospital” es el título de la guía que la Federación Gallega de Daño Cerebral (FEGADACE) presentará el próximo martes 14 de mayo, a las 13:30 horas, en el Salón de Actos del Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), en un acto organizado en colaboración con la Xerencia de Xestión integrada de Santiago y al que invitan a los fisioterapeutas gallegos.

La guía ha sido elaborada por profesionales integrados en las cinco asociaciones pertenecientes a la Federación Gallega de Daño Cerebral (FEGADACE) y tiene por objetivo facilitar información las familias de las personas afectadas por DCA, ofreciendo contenidos relacionados con la definición de esta discapacidad y su abordaje cuando llega a la vida de las personas y sus familias, así como cuáles son los recursos de atención socio-sanitaria más próximos.

El acto se desarrollará en torno a una mesa redonda en la que intervendrán profesionales de varias áreas sanitarias de Galicia, una presentación que correrá a cargo de los miembros del grupo de trabajo que elaboró la guía, así como la intervención de una persona afectada por DCA que narrará en primera persona las necesidades detectadas en su proceso.

La Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) tiene como principal misión contribuir mejorar la calidad de vida de las personas afectadas por DCA y sus familias, implementando para ello programas asistenciales de rehabilitación con carácter multidisciplinar, además de ofrecer información y ayuda a las familias a través de promover medidas como promover la investigación epidemiológica y sociológica, generar y divulgar conocimiento científico en el campo del DCA, indicir en las decisiones políticas y sensibilizar e informar a la sociedad en general sobre todos los aspectos que rodean a esta discapacidad.

Los interesados en acudir al acto pueden confirmar su asistencia a través del correo electrónico fegadace@fegadace.org o de los teléfonos 881 943 148 / 659 177 709. 

Adjuntos
Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres