“Acudir a un fisioterapeuta colexiado é garantía de cualificación e responsabilidade profesional”, sinala o presidente do CoFiGa nunha entrevista

Perfecto Pampín Lado fala, nunha entrevista publicada hoxe no diario Faro de Vigo, da situación actual da Fisioterapia e dos fisioterapeutas en Galicia, facendo tamén un balance do primeiro ano da xestión á fronte de Xunta de Goberno do CoFiGa

18 Nov 2016 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

“Acudir a un fisioterapeuta colexiado é garantía de cualificación e responsabilidade profesional”, sinala o presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Perfecto Pampín Lado, nunha entrevista que publica hoxe, venres 18 de novembro/2016, o periódico Faro de Vigo e na que fala de situación actual da Fisioterapia e dos fisioterapeutas en Galicia, facendo tamén un balance do primeiro ano da xestión á fronte de Xunta de Goberno do CoFiGa.

“A Fisioterapia en Galicia goza de moi boa saúde en canto á calidade dos seus profesionais, se ben todavía non alcanzou un nivel de presenza no servizo público de saúde que permita responder adecuadamente e coa calidade necesaria á cada vez maior demanda por parte da poboación”, sinala o presidente do CoFiGa ao longo da entrevista, destacando que “en Galicia, contamos con dúas excelentes Facultades de Fisioterapia, en Pontevedra e na Coruña, das que os recentemente egresados saen con plenas garantías para iniciar a súa andaina profesional”.

Neste sentido, Perfecto Pampín fai fincapé na entrevista en que “os fisioterapeutas somos un dos colectivos, se non o que máis, que máis tempo e recursos inviste en formación continuada, o cal nos fai estar sempre á vangarda nos últimos avances e evidencia científica no que respecta ao noso ámbito de actuación. Ademais, desde a implantación do Grao en Fisioterapia, por fin temos acceso ao campo da investigación, o que nutre e dá o máximo rigor ao traballo dos fisioterapeutas clínicos”.

Tamén fala o presidente do CoFiGa dos problemas que afectan o colectivo, explicando que  desde o punto de vista laboral, “desgraciadamente a situación de moitos fisioterapeutas non se corresponde para nada co seu nivel profesional” e facendo unha clara referencia neste sentido á falta de convocatorias de novas prazas de Fisioterapia por parte do Sergas: “Na OPE deste ano 2016 convocáronse CERO prazas de Fisioterapia, dato que pola súa contundencia non require de maiores explicacións. Parécenos sinxelamente indignante”. 

Outro dos problemas do colectivo aos que se refire o presidente do CoFiGa na entrevista é o dos prezos que as compañías aseguradoras pagan ao fisioterapeuta polas sesións de tratamento dos asegurados, afirmando que “están moi lonxe do que podemos considerar como xusto, o que contribúe á precariedade laboral e á diminución da calidade dos servizos prestados”. “É un problema -asegura- que realmente nos preocupa moito, xa que afecta en igual medida a fisioterapeutas e pacientes”.

 

Balance do primeiro ano de xestión á fronte do CoFiGa

Perfecto Pampín tamén realiza na entrevista un positivo balance do primeiro ano de xestión á fronte dunha Xunta de Goberno do CoFiGa, que cualifica de “xoven, con moita ilusión e ganas de promocionar a nosa profesión e traballar polo ben común dos fisioterapeutas en Galicia” e afirma sentirse moi contento coa Xunta de Goberno que preside: “Todos teñen unha capacidade de traballo enorme”.

“É unha Xunta de Goberno -dice Perfecto Pampín- que “entende o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) como unha institución integradora, que recolla todas as inquietudes e achegas dos nosos compañeiros e que sirva de instrumento canalizador entre estes, a administración e a poboación, a que, á fin e ao cabo, é a nosa razón de ser”.

 Explica Perfecto Pampín que no primeiro ano á fronte da Xunta de Goberno do CoFiGa “traballamos moito nas diferentes áreas nas que dividimos o noso Equipo de Goberno, impulsando e facilitando a investigación, dando cobertura ás necesidades formativas dos colexiados, estando presentes en eventos deportivos, aumentando a nosa presenza en redes sociais, impulsando campañas de difusión para a cidadanía,  creando a área de Fisioterapia Laboral, algo moi demandado polos nosos colexiados, e mantendo a nosa presenza a nivel institucional tanto no ámbito autonómico como nacional”.

Todo iso, en aras de alcanzar o que o presidente do CoFiGa cualifica como “un dos nosos obxectivos principais”, que non é outro que “conseguir maior visibilidade entre a poboación”. “Todos e cada un dos fisioterapeutas temos a obrigación moral de levar a cabo un labor pedagóxico no ámbito no que desempeñemos a nosa actividade”.

Perfecto Pampín considera neste sentido, e así o pon de manifesto na entrevista,  que aínda existe un gran descoñecemento de todos os campos de actuación nos que a Fisioterapia está presente, tanto a nivel docente, investigador, como asistencial e de xestión, e fai especial fincapé no “importante papel que os fisioterapeutas desenvolven, e que se debería potenciar, nos equipos multidisciplinares da maior parte das especialidades sanitarias existentes: Traumatoloxía, Neuroloxía, Uroxinecoloxía, Pediatría, Pneumoloxía, Cardioloxía, Reumatoloxía, UCI, Atención Primaria, Xeriatría…”

O presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia finaliza a entrevista facendo un chamamento á poboación e recalcando que “é fundamental acudir sempre a un fisioterapeuta colexiado, o cal é garantía de cualificación e responsabilidade profesional. A saúde é algo demasiado importante como para poñela en mans de calquera”.

 

http://www.farodevigo.es/especiales/servicios-sanitarios/2016/11/acudir-fisioterapeuta-colegiado-garantia-cualificacion-responsabilidad-profesional-n1170_2_34052.html

 

“Acudir a un fisioterapeuta colexiado é garantía de cualificación e responsabilidade profesional”, sinala o presidente do CoFiGa nunha entrevista

“Acudir a un fisioterapeuta colegiado es garantía de cualificación y responsabilidad profesional”, señala el presidente del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Perfecto Pampín Lado, en una entrevista que publica hoy, viernes 18 de noviembre/2016, el periódico Faro de Vigo y en la que habla de situación actual y de las expectativas de la Fisioterapia y de los fisioterapeutas en Galicia, haciendo también un balance del primer año de la gestión al frente de Junta de Gobierno del CoFiGa.

“La Fisioterapia en Galicia goza de muy buena salud en cuanto a la calidad de sus profesionales, si bien todavía no ha alcanzado un nivel de presencia en el servicio público de salud que permita responder adecuadamente y con la calidad necesaria a la cada vez mayor demanda por parte de la población”, señala el presidente del CoFiGa a lo largo de la entrevista, destacando que “en Galicia, contamos con dos excelentes Facultades de Fisioterapia, en Pontevedra y en A Coruña, de las que los recién egresados salen con plenas garantías para iniciar su andadura profesional”.

En este sentido, Perfecto Pampín hace hincapié en el entrevista en que “los fisioterapeutas somos uno de los colectivos, si no el que más, que más tiempo y recursos invierte en formación continuada, lo cual nos hace estar siempre a la vanguardia en los últimos avances y evidencia científica en lo que respecta a nuestro ámbito de actuación. Además, desde la implantación del Grado en Fisioterapia, por fin tenemos acceso al campo de la investigación, lo cual nutre y da el máximo rigor al trabajo de los fisioterapeutas clínicos”.

También habla el presidente del CoFiGa de los problemas que afectan al colectivo, explicando que  desde el punto de vista laboral, “desgraciadamente la situación de muchos fisioterapeutas no se corresponde para nada con su nivel profesional” y haciendo una clara referencia en este sentido a la falta de convocatorias de nuevas plazas de Fisioterapia por parte del Sergas: “En la OPE de este año 2016 se convocaron CERO plazas de Fisioterapia, dato que por su contundencia no requiere de mayores explicaciones. Nos parece sencillamente indignante”. 

Otro de los problemas del colectivo a los que se refiere el presidente del CoFiGa en la entrevista es el de los precios que las compañías aseguradoras pagan al fisioterapeuta por las sesiones de tratamiento de los asegurados, afirmando que “están muy lejos de lo que podemos considerar como justo, lo cual contribuye a la precariedad laboral y a la disminución de la calidad de los servicios prestados”. “Es un problema -asegura- que realmente nos preocupa mucho, ya que afecta en igual medida a fisioterapeutas y pacientes”.

Balance del primer año de gestión al frente del CoFiGa

Perfecto Pampín también realiza en la entrevista un positivo balance del primer año de gestión al frente de una Junta de Gobierno del CoFiGa, que califica de “joven, con mucha ilusión y ganas de promocionar nuestra profesión y trabajar por el bien común de los fisioterapeutas en Galicia” y afirma sentirse muy contento con la Junta de Gobierno que preside: “Todos tienen una capacidad de trabajo enorme”.

“Es una Junta de Gobierno -dice Perfecto Pampín- que “entiende el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) como una institución integradora, que recoja todas las inquietudes y aportaciones de nuestros compañeros y que sirva de instrumento canalizador entre éstos, la administración y la población, la cual, al fin y al cabo, es nuestra razón de ser”.

Explica Perfecto Pampín que en el primer año al frente de la Junta de Gobierno del CoFiGa “hemos trabajado mucho en las diferentes áreas en las que hemos dividido nuestro Equipo de Gobierno, impulsando y facilitando la investigación, dando cobertura a las necesidades formativas de los colegiados, estando presentes en eventos deportivos, aumentando nuestra presencia en redes sociales, impulsando campañas de difusión de cara a la ciudadanía,  creando el área de Fisioterapia Laboral, algo muy demandado por nuestros colegiados, y manteniendo nuestra presencia a nivel institucional tanto en el ámbito autonómico como nacional”.

Todo ello, en aras de alcanzar lo que el presidente del CoFiGa califica como “uno de nuestros objetivos principales”, que no es otro que “conseguir mayor visibilidad entre la población”. “Todos y cada uno de los fisioterapeutas tenemos la obligación moral de llevar a cabo una labor pedagógica en el ámbito en el que desempeñemos nuestra actividad”.

Perfecto Pampín considera en este sentido, y así lo pone de manifiesto en la entrevista,  que todavía existe un gran desconocimiento de todos los campos de actuación en los que la Fisioterapia está presente, tanto a nivel docente, investigador, como asistencial y de gestión, y hace especial hincapié en el “importante papel que los fisioterapeutas desarrollan, “y que se debería potenciar”, en los equipos multidisciplinares de la mayor parte de las especialidades sanitarias existentes: Traumatología, Neurología, Uroginecología, Pediatría, Neumología, Cardiología, Reumatología, UCI, Atención Primaria, Geriatría…”.

El presidente del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia finaliza la entrevista haciendo un llamamiento a la población y recalcando que “es fundamental acudir siempre a un fisioterapeuta colegiado, lo cual es garantía de cualificación y responsabilidad profesional. La salud es algo demasiado importante como para ponerla en manos de cualquiera”.

 

 

http://www.farodevigo.es/especiales/servicios-sanitarios/2016/11/acudir-fisioterapeuta-colegiado-garantia-cualificacion-responsabilidad-profesional-n1170_2_34052.html 

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas