Fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais trasladan á Consellería de Política Social as súas apreciacións en torno ao proxecto de decreto regulador da carteira de servizos en materia de dependencia

Un escrito remitido ao conselleiro de Política Social recolle as apreciación dos tres colectivos en torno ao proxecto de Decreto polo que se establecen os requisitos de funcionamento e acreditación dos servizos definidos pola carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, regulada polo decreto 149/2013 do 5 de setembro.

01 Jul 2016 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG), a Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais (APGTO) e a Sociedade Española de Fisioterapia en Pediatría (SEFIP) remitiron un escrito ao conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia trasladándolle as apreciacións destes colectivos en torno ao proxecto de Decreto polo que se establecen os requisitos de funcionamento e acreditación dos servizos definidos pola carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, regulada polo decreto 149/2013 do 5 de setembro.

Amparado por unha ampla argumentación ao redor da legalidade vixente, o escrito incide na necesidade de que, en materia de dependencia, os responsables da prestación de servizos de valoración, atención sanitaria, avaliación, rehabilitación, mantemento, prevención e seguimento, sexan sempre profesionais sanitarios debidamente acreditados e colexiados.

Recoméndase así mesmo utilizar o termo “equipo interdisciplinar”, en lugar de “equipo multiprofesional”, ao referirse aos centros nos que se preste atención sanitaria en materia de dependencia, especificando que estes equipos polo menos deberían estar integrados por un enfermeiro, un fisioterapeuta, un logopeda, un médico, un psicólogo, un terapeuta ocupacional e un traballador social. Esta composición e terminoloxía tamén debería ser aplicada aos equipos interdisciplinares de Atención Temperá de 0 a 6 anos.

En canto ao mantemento e recuperación da autonomía funcional e á atención psicomotriz, sinálase que son competencias de fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais, profesionais sanitarios que deben integrar o equipo mínimo necesario para o seu desenvolvemento. Por iso, os asinantes do escrito consideran que debería eliminarse do proxecto lexislativo o concepto de “outras terapias alternativas”.

Outro dos aspectos que se especifican no escrito é a necesidade de diferenciar claramente entre “actividades lúdicas, de animación ou de lecer e tempo libre” con respecto daquelas actividades que teñan unha finalidade rehabilitadora ou terapéutica, que sempre deben ser desenvolvidas por profesionais sanitarios legalmente recoñecidos e capacitados.

Finalmente, o escrito móstrase contrario á exclusión do fisioterapeuta dos labores de atención sanitaria preventiva, á vez que recomenda incluír o perfil profesional de fisioterapeuta na prestación de aspectos como a estimulación cognitiva e a estimulación sensorial.

 

 

Fisioterapeutas, logopedas y terapeutas ocupacionales trasladan a la Consellería de Política Social sus apreciaciones en torno al proyecto de decreto regulador de la cartera de servicios en materia de dependencia

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), el Colegio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG), la Asociación Profesional Gallega de Terapeutas Ocupacionales (APGTO) y la Sociedad Española de Fisioterapia en Pediatría (SEFIP) han remitido un escrito al conselleiro de Política Social de la Xunta de Galicia trasladándole las apreciaciones de estos colectivos en torno al proyecto de Decreto por el que se establecen los requisitos de funcionamiento y acreditación de los servicios definidos por la cartera de servicios sociales para la promoción de la autonomía personal y la atención a las personas en situación de dependencia, regulada por el decreto 149/2013 del 5 de septiembre.

Amparado por una amplia argumentación en torno a la legalidad vigente, el escrito incide en la necesidad de que, en materia de dependencia, los responsables de la prestación de servicios de valoración, atención sanitaria, evaluación, rehabilitación, mantenimiento, prevención y seguimiento, sean siempre profesionales sanitarios debidamente acreditados y colegiados.

Se recomienda así mismo utilizar el término “equipo interdisciplinar”, en lugar de “equipo multiprofesional”, al referirse a los centros en los que se preste atención sanitaria en materia de dependencia, especificando que estos equipos al menos deberían estar integrados por un enfermero, un fisioterapeuta, un logopeda, un médico, un psicólogo, un terapeuta ocupacional y un trabajador social. Esta composición y terminología también debería ser aplicada a los equipos interdisciplinares de Atención Temprana de 0 a 6 años.

En cuanto al mantenimiento y recuperación de la autonomía funcional y a la atención psicomotriz, se señala que son competencias de fisioterapeutas, logopedas y terapeutas ocupacionales, profesionales sanitarios que deben integrar el equipo mínimo necesario para su desarrollo. Por ello, los firmantes del escrito consideran que debería eliminarse del proyecto legislativo el concepto de “otras terapias alternativas”.

Otro de los aspectos que se especifican en el escrito es la necesidad de diferenciar claramente entre “actividades lúdicas, de animación o de ocio y tiempo libre” con respecto de aquellas actividades que tengan una finalidad rehabilitadora o terapéutica, que siempre deben ser desarrolladas por profesionales sanitarios legalmente reconocidos y capacitados.

Finalmente, el escrito se muestra contrario a la exclusión del fisioterapeuta de las labores de atención sanitaria preventiva, al tiempo que recomienda incluir el perfil profesional de fisioterapeuta en la prestación de aspectos como la estimulación cognitiva y la estimulación sensorial.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas