O CoFiGa sortea entre colexiados/as 10 inscricións gratuítas ao XXXIV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía

A Fisioterapia ten un espazo específico no programa científico desta reunión que a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) organiza do 24 ao 25 de maio en Santiago, co lema “Lonxevidade: retos e oportunidades”

02 May 2024 / prensa cofiga / Sede COFIGA

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) sortea entre colexiados/as un total de 10 inscricións gratuítas ao XXXIV Congreso Internacional que organiza a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), a celebrar do 24 ao 25 de maio, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, co lema “Lonxevidade: retos e oportunidades”.

Os e as colexiados/as interesados en participar neste corteo, poden inscribirse ata o 8 de maio a través da seguinte ligazón:

Inscrición sorteo

Niveis de envellecemento en Galicia

Galicia é un dos lugares máis envellecidos do mundo: unha esperanza de vida que supera os 83 anos, 10 anos máis que a media mundial; unha das maiores concentracións de poboacións centenarias, cunha taxa de 76 casos cada cen mil habitantes; e un 26.3% de persoas maiores de 65 anos. Todo iso fai que os niveis de envellecemento que actualmente se producen en Galicia sexan os que a Unión Europea alcance no ano 2050, tal e como predín diferentes proxeccións de organismos internacionais.

É por iso que a organización do XXXIV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía tamén proxecta a imaxe de Galicia como “un lugar idóneo para vivir e envellecer saudablemente”, que “brinda a oportunidade para ensaiar políticas sanitarias e sociais eficaces e valentes, que poidan ser beneficiosas e de aplicación para afrontar o reto demográfico ao que enfrontará o conxunto da Unión Europea no próximas catro décadas”.

Áreas temáticas do Congreso

O Congreso está organizado ao redor de catro áreas temáticas prioritarias directamente relacionados coa lonxevidade e o incremento de esperanza de vida da poboación: aspectos demográficos e conceptuais (proxeccións demográficas, envellecemento poboacional e aproximación ao concepto de envellecemento saudable); factores intrínsecos e extrínsecos (dimensión biolóxica, estilos de vida, contorna física e social, sistema sanitario e factores asociados á super-lonxevidade); oportunidades e retos derivados (recursos sanitarios e sociais, economía, políticas públicas enfocadas a este reto, incremento de poboación centenaria e deterioración cognitiva en poboación lonxeva); e novos retos na intervención e na investigación en Xerontoloxía e Xeriatría.

Espazo específico para a Fisioterapia no programa científico

En virtude do convenio que o CoFiGa mantén coa SGXX, a Fisioterapia ten un espazo específico no programa do Congreso, coa fisioterapeuta Vanesa López Miguéns no Comité Organizador e coa participación de: Guillermo Bilbao Ogando (fisioterapeuta de Atención Primaria na área Sanitaria de Pontevedra-Salnés-Sergas) falando de Fisioterapia e programas de promoción da saúde en artrose de cadeira e xeonllo; Alejandro Sneibrum (vicepresidente da Directiva da Sociedade Arxentina de Xerontoloxía e Xeriatria e xefe do Servizo de Rehabilitación da Fundación “LeDor VaDor”, de Buenos Aires) coa ponencia “Novas tecnoloxías en Rehabilitación); e o workshop titulado “Fisioterapia Comunitaria e envellecemento saudable: deseño e uso de espazos ecosanitarios desde a Fisioterapia”, que será presentado por Tiso Docampo Ferreira (fisioterapeuta de Atención Primaria-Sergas) e impartido polas tamén fisioterapeutas de Atención Primaria e Saúde Comunitaria María Jesús Martínez Martínez e Noa Siñuela González.

Programa e máis información

O programa completo do XXXIV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía organizado pola SGXX pódese descargar en:

https://congreso.sgxx.org/docs/XXXIV-congreso/XXXIV-Congreso-SGXX-Programa-A5-DIXITAL.pdf

Toda a información sobre o Congreso, en:

https://congreso.sgxx.org/

 

 El CoFiGa sortea entre colegiados/as 10 inscripciones gratuitas al XXXIV Congreso Internacional de Geriatría y Gerontología

La Fisioterapia tiene un espacio específico en el programa científico de esta reunión que la Sociedad Gallega de Gerontología y Geriatría (SGXX) organiza del 24 al 25 de mayo en Santiago, con el lema “Longevidad: retos y oportunidades”

El Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) sortea entre colegiados/as un total de 10 inscripciones gratuitas al XXXIV Congreso Internacional que organiza la Sociedad Gallega de Gerontología y Geriatría (SGXX), a celebrar del 24 al 25 de mayo, en la Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela, con el lema “Longevidad: retos y oportunidades”.

Los y las colegiados/as interesados en participar en este corteo, pueden inscribirse hasta el 8 de mayo en:

Inscripción sorteo

Niveles de envejecimiento en Galicia

Galicia es uno de los lugares más envejecidos del mundo: una esperanza de vida que supera los 83 años, 10 años más que la media mundial; una de las mayores concentraciones de poblaciones centenarias, con una tasa de 76 casos cada cien mil habitantes; y un 26.3% de personas mayores de 65 años. Todo ello hace que los niveles de envejecimiento que actualmente se producen en Galicia sean los que la Unión Europea alcance en el año 2050, tal y como predicen diferentes proyecciones de organismos internacionales.

Es por ello que la organización del XXXIV Congreso Internacional de Geriatría y Gerontología también proyecta la imagen de Galicia como “un lugar idóneo para vivir y envejecer saludablemente”, que “brinda la oportunidad para ensayar políticas sanitarias y sociales eficaces y valientes, que puedan ser beneficiosas y de aplicación para afrontar el reto demográfico al que enfrentará el conjunto de la Unión Europea en las próximas cuatro décadas”.

Áreas temáticas del Congreso

El Congreso está organizado en torno a cuatro áreas temáticas prioritarias directamente relacionados con la longevidad y el incremento de esperanza de vida de la población: aspectos demográficos y conceptuales (proyecciones demográficas y envejecimiento poblacional y aproximación al concepto de envejecimiento saludable); factores intrínsecos y extrínsecos (dimensión biológica, estilos de vida, entorno físico y social, sistema sanitario y factores asociados a la super-longevidad); oportunidades y retos derivados (recursos sanitarios y sociales, economía, políticas públicas enfocadas a este reto, incremento de población centenaria y deterioro cognitivo en población longeva); y nuevos retos en la intervención y en la investigación en Gerontología y Geriatría.

Espacio específico para la Fisioterapia en el programa científico

En virtud del convenio que el CoFiGa mantiene con la SGXX, la Fisioterapia tiene un espacio específico en el programa del Congreso, con la fisioterapeuta Vanesa López Miguéns en el Comité Organizador y con la participación de: Guillermo Bilbao Ogando (fisioterapeuta de Atención Primaria en el Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés-Sergas) hablando de Fisioterapia y programas de promoción de la salud en artrosis de cadera y rodilla; Alejandro Sneibrum (vicepresidente de la Directiva de la Sociedad Argentina de Gerontología y Geriatría y jefe del Servicio de Rehabilitación de la Fundación “LeDor VaDor”, de Buenos Aires) con la ponencia “Nuevas tecnologías en Rehabilitación); y el workshop “Fisioterapia Comunitaria y envejecimiento saludable: diseño y uso de espacios ecosanitarios desde la Fisioterapia”, que será presentado por Tiso Docampo Ferreira (fisioterapeuta de Atención Primaria-Sergas) e impartido por las también fisioterapeutas de Atención Primaria y Salud Comunitaria María Jesús Martínez Martínez y Noa Siñuela González.

Programa y más información

El programa completo del XXXIV Congreso Internacional de Geriatría y Gerontología organizado por la SGXX se puede descargar en:

https://congreso.sgxx.org/docs/XXXIV-congreso/XXXIV-Congreso-SGXX-Programa-A5-DIGITAL.pdf

Toda la información sobre el Congreso, en:

https://congreso.sgxx.org/

La Fisioterapia te da el aire que necesitas